Friday 17 de May de 2024

Este domingo dispútase o XIX Marathon de Fútbol Municipal do Concello de Frades


Están inscritos oito equipos do municipio nunha competición con doce partidos de fase previa, dúas semifinais e a gran final ás 19:30 horas

Este domingo, 21 de agosto, dispútase no campo de fútbol municipal do Vedral, en Abellá, o XIX Marathon de Fútbol Municipal do Concello de Frades. Na competición mediranse oito equipos do municipio.

Os conxuntos conformaron dous grupos, de catro equipos cada un. No A figuran un Combinado, o Paboi, o Ponte Carreira e o Gafoi/Aiazo. No B están o Veteranos Abellá, o Papucín, o Xuventude e o Galegos.

A fase previa comezará a xogarse ás 10:30 horas. Tras un descanso ás 14.35 horas, retomarase ás 15:15 horas. Os dous primeiros clasificados de cada grupo pasarán ás semifinais, que se xogan ás 18:10 e ás 18:45 horas, enfrontando o primeiro de cada grupo co segundo do outro. O terceiro e cuarto postos decidiranse a penaltis e a gran final terá lugar ás 19:30 horas.

Desde a organización, establecéronse como normas esenciais que as victorias computarán con tres puntos, os empates con un e as derrotas con cero. Os empates de puntos entre equipos desfaranse seguindo estes criterios, por orde: resultado do enfrontamento directo entre equipos, mellor diferencia de goles a favor, maior número de goles marcados, e finalmente o equipo con mellor resultado nun lanzamento de tres penaltis.

Permítense tantos cambios de xogadores como se desexen, sempre que o árbitro os autorice. O futbolista expulsado no transcurso dun partido será suspendido cun partido de sanción, recaendo a decisión sobre o comité organizador. As agresións, a outro xogador ou ao árbitro, conlevan a descualificación do xogador para todo o campionato. Tamén hai que ter en conta que se un equipo non se presenta ao marathón, o conxunto contrario sumará tres puntos cun resultado de 3-0.

Horario dos partidos
10:30 horas. Combinado-Paboi.
11:05 horas: Veteranos Abellá-Papucín.
11:40 horas. Ponte Carreira-Gafoi/Aiazo.
12:15 horas. Xuventude- Galegos.
12:50 horas. Combinado-Ponte Carreira.
13:25 horas. Veteranos Abellá-Xuventude.
14:00 horas. Paboi-Gafoi/Aiazo.

Descanso de 14:35 a 15:15 horas.

15:15 horas. Papucín-Galegos.
15:50 horas. Combinado-Gafoi/Aiazo.
16:25 horas. Veteranos Abellá-Galegos.
17:00 horas. Paboi-Ponte Carreira.
17:35 horas. Papucín-Xuventude.

18:10 horas. Primeira Semifinal.
18:45 horas. Segunda Semifinal.
Penaltis polo terceiro e cuarto posto.
19:30 horas. Final.

A organización pide a máxima puntualidade para que todos os encontros poidan comezar á hora estipulada e non prexudicar así o transcurso da competición. A tal efecto, tamén se require que os equipos estean xa listos para entrar a xogar dez minutos antes de cada partido.